“AQUÍ GALICIA” coñece as rapazas que aseguran o futuro do encaixe en Camariñas

0
116

Santiago, 08.04.2017.-  O programa “Aquí Galicia” visita Camariñas para seguir os últimos preparativos de cara á Mostra do Encaixe, que se celebrará na vila das palilleiras en Semana Santa. Os reporteiros do programa achegaranse á Escola Municipal de Palillo, onde, desde os cinco anos, as nenas aprenden esta arte que deu renome mundial a Camariñas. A testemuña das palilleiras de toda a vida e unha serie de fotografías servirán para repasar a orixe e historia desta tradición.

Para coñecer mellor a vila, o programa ofrecerá reportaxes en que se destacará o patrimonio natural da contorna coa Duna de Monte Branco, as praias de Arealonga, A Pedrosa e Armela, ou as esculturas pétreas froito do tempo e  a influencia da auga e o vento, tales como a pedra do Oso, os Namorados da Enseada de Arneliña, O Belén da Pedrosa ou o Gardián con Boina. Tamén proporán un percorrido pola Costa da Morte ao longo da Ruta dos Faros ou a visita ao Cemiterio dos Ingleses ou a capela do Carme, a patroa da vila.

O programa tamén achegará aos espectadores as actividades económicas da vila, que xiran en torno aos portos de Camariñas e Camelle.  Ademais do marisco e do polbo,  de moita sona, outro froito do mar son as algas, que serán o ingrediente estrela no apartado gastronómico. A música poñerana as Cantareiras Mar Devalado e a Orquestra Los Satélites. Tamén actuarán os grupos de baile tradicional Trubisquiña e Airiños de Río Grande, e os alumnos da Escola Municipal de Baile de Camariñas.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here