As autonómicas de FORTA asinan un manifesto para promover a información sobre cambio climático

0
7

Santiago, 03.12.2019.-  Responsables dos distintos Servizos Audiovisuais Públicos (SAP) Autonómicos englobados na Federación de Organismos ou Entidades de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA), da que forma parte a CRTVG, rubricaron, no marco da celebración do Cume do Clima (COP25) que acolle desde onte Madrid, un manifesto con nove puntos crave para promover a información sobre sustentabilidade ambiental e cambio climático e contribuír a concienciar á sociedade sobre as súas causas, consecuencias e posibles solucións.

Dito documento, apoiado polos distintos SAP autonómicos, recolle de maneira expresa o compromiso de informar nas súas distintas canles e plataformas de difusión e de facerse eco das iniciativas que se poñan en marcha nos distintos territorios con presenza das autonómicas de FORTA para combater este fenómeno.

Tamén incide na importancia de achegar contidos e noticias non só sobre o impacto do cambio climático, senón tamén de achegar esta realidade á vida cotiá da cidadanía, co fin de fomentar xestos e hábitos para loitar contra o cambio climático de maneira individual e colectiva.

Entre outros obxectivos, contempla tamén a necesidade de ofrecer información de forma plural e con opinións científicas contrastadas sobre as diferentes perspectivas políticas existentes sobre o cambio climático.

Fuente Crtvg.es