As bromas máis disparatadas, esta noite no ‘Land Rober Tunai Show’ e na compaña de Julio Iglesias Jr.

0
18

O convidado participará dunha entrega de ‘Aló Land Rober’, nunha edición en que regresa ao programa a familia de mariscadores máis divertida

As bromas máis disparatadas, esta noite no 'Land Rober Tunai Show' e na compaña de Julio Iglesias Jr.

Santiago, 03.02.2022.-   Este xoves acode pintar a mona ao ‘Land Rober Tunai Show’ un artista dos pés á cabeza: Julio Iglesias Jr. Esta noite vai ser o cómplice nas bromas telefónicas máis disparatadas nunha nova entrega de ‘Aló Land Rober’. Tamén os espectadores verán o fillo de Julio Iglesias e de Isabel Preysler en acción cos queridos ‘Piosos’, nin máis nin menos que en Miami.

Esta edición volve tamén ao ‘Land Rober Tunai Show’ a familia de mariscadores máis divertida. Algo raro está pasando porque Josiño é o único que non colleu a covid-19.

E ollo porque Eva Iglesias vai sorprender a Roberto Vilar, en directo, ao  anunciarlle quen visitará proximamente o programa… Atentos, porque este convidado ou convidada promete!

Isto e máis con Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Jose Baño, este xoves, a partir das 21:55 horas, na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es