As cociñas do programa culinario da TVG ‘Gañar ou Fregar’ chegan esta noite a Marín

0
17

A partir das 23:10 h, competirán polo premio do programa Víctor, de Vigo, e Maite, de Neda, mentres a familia Soage determinará o gañador do duelo de receitas

As cociñas do programa culinario da TVG 'Gañar ou Fregar' chegan esta noite a Marín

Santiago, 18.01.2023.-   A Televisión de Galicia ofrece hoxe a segunda entrega programa ‘Gañar ou fregar’, esta noite desde Marín. Neste espazo culinario, dous concursantes afeccionados á cociña compiten para ver quen prepara a mellor receita. Teñen que cociñar para unha familia, que cata os pratos elaborados e actúa de xurado. 

Este mércores, enfróntanse Víctor, de Vigo, e Maite, de Neda, que cociñan na casa da familia Soage. Será quen emita o veredicto que determine a quen lle cae o premio do espazo da TVG e a quen lle toca fregar a louza. 

Para elaborar o seu menú, os concursantes de ‘Gañar e fregar’ contarán unha vez máis coa axuda de María Dapía e Perico Balado, os presentadores do programa, que se encargarán de apadriñar cadanseu participante e de botarlle unha man na cociña. 

Fuente Crtvg.es