As Festas do Apóstolo e as de Santa Xusta, en Moraña, protagonistas este domingo en ‘Aquí Hai Verán’

0
28

Santiago, 26.07.2020.-   O programa ‘Aquí Hai Verán’, presentado por Tania Veiras e Silvana Moril, seguiralles trasladando este domingo aos espectadores galegos o ambiente que se vive durante estas semanas estivais en Galicia coa nova normalidade.

A primeira cita de hoxe será nas Festas de Santa Xusta de Moraña, que tamén se celebraron neste 2020, grazas a un traballo incansable da comisión de festas. O espazo da TVG non quixo perder esta cita e coñecer a orixe dos allos, a da auga milagreira e a tradición que enmarca a patroa da parroquia, Santa Xusta.

Ademais, as reporteiras do programa estarán no Festival Terraceo que se celebra no Auditorio Mar de Vigo, asistindo a un concerto de Amaral. Bo ambiente, boa música e un lugar espectacular foi o que deixou esta cita, da que gozaron preto de 400 persoas.

E, como non podía ser doutro xeito, ‘Aquí Hai Verán’ estará presente nas Festas do Apóstolo, retratando como é un día na capital galega nunha semana tan importante para os composteláns. O programa fará un percorrido pola cidade para ver que ambiente se respira nesta edición tan especial das festas.

Ademais de estar en Santiago, amosarase que no resto das cidades galegas tamén hai verán. Para isto, as cámaras do programa trasladaranse á zona de viños de Ourense, un lugar para gozar dunha boa gastronomía, maridada cos mellores viños.

Fuente Crtvg.es