As festividades de San Paio e San Xoán levarán hoxe o programa ‘Vaia Troula’ á Estrada, A Lavacolla, Viveiro, Cambre e Poio

0
33

Os espectadores tamén poderán vivir a Romaría do Corpiño, en Lalín, o descenso do río Anllóns, en Carballo, e o Entroido de Verán de Allariz

As festividades de San Paio e San Xoán levarán hoxe o programa 'Vaia Troula' á Estrada, A Lavacolla, Viveiro, Cambre e Poio

Santiago, 26.06.2022.-   A celebración de San Paio será un dos principais argumentos do ‘Vaia Troula’ (22.45 h) deste domingo. Deste xeito, Noelia Rey estará na Estrada para vivir con todos os veciños unha celebración cargada de música de charangas, bandas e orquestras.
    
Pola súa parte, a reporteira Adela Bértolo irá ata Viveiro para participar no San Xoán de Covas, onde haberá unha gran sardiñada acompañada de sons tradicionais. Laura Ríos terá a oportunidade de compartir con todos os asistentes as festas de San Xoán de Anceis, en Cambre, en que haberá cigalas a esgalla e verbena coa orquestra Los Satélites. E Alba Lea non perderá detalle da espectacular Romaría do Corpiño, no concello de Lalín, que este ano volve con todo o seu programa habitual e coa emoción asegurada.
    
As cámaras de ‘Vaia Troula’ tamén estarán presentes no divertido descenso do río Anllóns, en Carballo, nas festas de San Xoán de Poio e no San Paio da Lavacolla, en Santiago de Compostela.

O Entroido de Verán de Mondariz e as festas de Soutullo, no concello de Rois, completarán o menú trouleiro do programa deste domingo á noite. E, para que non falte de nada, o espazo da TVG contará coa actuación estelar da orquestra Costa Dorada.

Fuente Crtvg.es