As historias de dous adegueiros e un gandeiro, protagonistas esta noite en ‘Cos Pés na Terra’

0
12

O espazo da TVG tamén estará cun rapaz novo que decidiu que o seu futuro estaba na fabricación de instrumentos tradicionais

As historias de dous adegueiros e un gandeiro, protagonistas esta noite en 'Cos Pés na Terra'

Santiago, 13.07.2020.-   O programa ‘Cos Pés na Terra’ (22.05 h) trae hoxe bo ritmo, todo o que sae das mans de Iago, un rapaz novo que decidiu que na fabricación de instrumentos tradicionais estaba o seu futuro.

O espazo da Televisión de Galicia tamén ten hoxe unha cita para tomar un viño con Dori e Jorge, dous adegueiros cos que compartir a xornada da vendima e as vistas fabulosas do seu lugar no mundo.

Por último, o equipo do programa andará ás carreiras coas vacas de Mario, un gandeiro dedicado tamén á cría duns bois espectaculares e cos que vai facer surfing nunha leira.

Fuente Crtvg.es