As ligas de baloncesto e fútbol, esta fin de semana, en directo, nos medios públicos galegos

0
0

Santiago, 31.01.2020.-   Os afeccionados ao deporte estarán acompañados polos medios públicos galegos na primeira fin de semana de febreiro, que ofrecerán, en directo, pola G2 e pola web da CRTVG, os encontros dos conxuntos galegos de fútbol de Segunda División B, a Primeira División de fútbol sala feminino e a Liga LEB Ouro de baloncesto.

sábado, as retransmisións comezarán ás 17:00 horas no Pavillón Polideportivo Municipal de Vista Alegre co derbi galego da Primeira División feminina de fútbol sala disputado entre o Burela Pescados Rubén e o Cidade das Burgas. As raíñas laranxas ocupan o segundo posto na táboa de clasificación e acaban de gañar a domicilio ao Majadahonda por 0-2. Este sábado intentarán recortar distancias co Futsi Atlético de Navalcarnero, xa que actualmente están a 5 puntos de distancia. O Cidade das Burgas, pola súa parte, ocupa a décimo cuarta posición e gañou a xornada pasada ante o A. D. Zaragoza. O conxunto ourensán pretende continuar nesta liña, pois desde que comezou o ano gañou 2 dos 3 partidos disputados. 

Ás 19:00 horas comeza o Leche Río Breogán – Chocolates Trapa Palencia da LEB Ouro de baloncesto no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo. O conxunto galego afronta este partido desde o 5º posto da táboa de clasificación, a só catro puntos do primeiro, e buscará  recuperar sensacións tras a derrota ante o Liberbank Oviedo Baloncesto da xornada pasada. O Chocolates Trapa Palencia leva dúas xornadas consecutivas sen gañar, polo que intentará arranxar esta mala racha para volver a atoparse coa vitoria. 

Pontevedra C. F. inaugura as emisións deportivas do domingo na G2 e na web da CRTVG ás 12:00 horas, co partido que disputará en Pasarón ante o UD Ibiza-Eivissa da xornada 23 da Segunda División B de fútbol. Os granates ocupan actualmente a novena posición da táboa e, se gañan este domingo, poderían acadar o sexto lugar. Desde que comezou o ano aínda non viu a vitoria, xa que leva sen conseguir os 3 puntos desde o 14 de decembro ante o Raio Majadahonda. Pola súa parte, o Ibiza está nunha situación diferente, pois está a 2 puntos dos dous primeiros da táboa (Atlético B e At. Baleares) e leva 3 xornadas consecutivas conseguindo a vitoria. 

Xa pola tarde, dentro do espazo ‘A Liga das Cidades’, ofrecerase en directo o Coruxo F. C. – Sporting de Xixón ás 17:00 horas. O conxunto vigués leva dous partidos consecutivos gañando e, grazas á vitoria da semana pasada, o Coruxo ascendeu dúas posicións na clasificación xeral, ocupando agora a cuarta e sendo o único equipo galego situado nos postos de play off. Pola súa parte, O Sporting de Xixón está a 4 puntos do Coruxo e acaba de golear 3-1 o Pontevedra. 

O último encontro da fin de semana ofrecido pola G2 e crtvg.gal disputarase ás 19:00 h no Pavillón Polideportivo de Almansa entre o Afanion CB Almansia e o Leyma Coruña da LEB Ouro. O Almansa leva tres xornadas consecutivas gañando, a última, na casa ante o ICG Força Lleida por 91-81. Os galegos, pola súa parte, afrontarán este encontro con máis motivación, pois a semana pasada venceron ao Guipúscoa, pero aínda non esqueceron a derrota ante o ICG Força Lleida da xornada 18.

Fuente Crtvg.es