As televisións autonómicas activan iniciativas para combater as noticias falsas

0
10

Santiago, 07.04.2020. A proliferación de noticias falsas é un problema crecente do entorno dixital, cunha gran capacidade de viralización a través das redes sociais, onde os usuarios comparten informacións de maneira continua e en moitas ocasións sen contrastar. Un problema que se agrava en situacións tan difíciles e complexas como a que vivimos, en que é máis importante que nunca detectar que é certo e que non en relación a COVID-19.  Neste contexto, os medios englobados na Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA), deron un paso ao fronte, como parte do servizo público que ofrecen á sociedade, para ser garantes dunha información de utilidade, fiable e contrastada.  

Colaboración cidadá, desmentidos e consellos contra as mentiras

EiTB activou desde os primeiros momentos un servizo de colaboración cidadá para desmentir noticias falsas, de modo que a través e-mail ou WhatsApp, os cidadáns poden enviar as fotos, vídeos e noticias que lles resulten dubidosas. Con estes avisos, un equipo de verificación contrasta as fontes e publica na páxina eitb.eus/coronabulos os desmentidos.

En CRTVG tamén se loita desde o primeiro día por informar sobre a proliferación de ‘fake news’ e ofrecer consellos que eviten a difusión das noticias falsas sobre a expansión da pandemia e os riscos para a poboación. A campaña institucional #Coidémonos difundiu un vídeo que insistía na importancia de confiar na información contrastada e nas fontes oficiais. Así mesmo, espazos como ‘A Revista’, ‘Bos días’, ou os distintos Telexornais seguiron informando das noticias falsas e das medidas levadas a cabo pola Policía e outros corpos de Seguridade para loitar contra elas e, nas súas canles dixitais como G24.gal, informan constante mente e aclaran a utilidade real dos consellos moitas veces inútiles.  

Pola súa parte, a Televisión de Castilla-La Mancha (CMM), creou tamén unha páxina na súa web: ‘Bulos del Coronavirus‘, con consellos, unha guía con recomendacións da Policía e tamén a posición de fontes oficiais fronte a estas mentiras. Esta páxina únese xa a existente sobre ‘Fake News‘, en que se recollen noticias de carácter rexional, nacional e internacional sobre este fenómeno. Boa parte destes contidos recóllense tamén nos informativos e nas redes sociais de CMM. En Canal Sur, os programas de entretemento desmenten as noticias falsas cando alguén consulta sobre elas, mentres que nos espazos informativos intentan quitarlles protagonismo sen dar nin desmentir mentiras. No caso da canle canaria, RTVC, ten unha sección habitual en cada ‘Telenoticias 1’ (en antena ás 14:25 horas de luns a venres). Son unhas píldoras específicas dedicadas a desmontar noticias falsas sobre a crise da coronavirus que tamén dan difusión nas súa redes sociais.  

Aragón Radio e Aragón TV puxeron en marcha desde o inicio da crise da coronavirus un servizo especial dedicado á detección e seguimento dos posibles rumores e tamén ‘coronaestafas’. De luns a venres, ofrécese información contrastada coa axuda de expertos e fontes autorizadas nos programas ‘Otro punto de vista’ (Aragón TV) e ‘Despierta Aragón’ (Aragón Radio).  Na mesma liña, a televisión de Ibiza, IB3, desenvolveu diversos contidos para amosar de maneira moi gráfica como detectar e diferencias as mentiras e rumores referentes a coronavirus, con publicacións tanto nas súas páxinas web como nos seus perfís de redes sociais. 

“Se dubidas, non compartas”

Ademais destas iniciativas, os servizos audiovisuais públicos autonómicos levan traballando desde hai tempo na loita contra as noticias falsas, como amosa o desenvolvemento dun decálogo común baixo o lema «Se dubidas, non compartas» en que se poñen de relevo os diferentes aspectos a ter en conta para detectar unha posible ‘fake new’.

Fuente Crtvg.es