As traiñeiras desprazan a atención dos medios públicos galegos cara a augas de San Sebastián e Castro Urdiales

0
5

Santiago, 12.07.2019.-   A máxima competición de traiñeiras, a Liga ACT, será protagonista das transmisións deportivas dos medios públicos galegos esta fin de semana. O sábado, toda a atención da G2 e da web da CRTVG dirixirase cara a augas da baía da Concha en San Sebastián, para ofrecer desde as 18.00 horas a disputa pola décimo segunda Bandeira Donostiarra Kaiarriba-Amenabar, no caso das embarcacións masculinas da Eusko Label Liga, e a cuarta Bandeira Kaiarriba-Amenabar da Liga Euskotren.

Neste escenario histórico da competición, as traiñeiras masculinas, que afrontan este sábado a súa sétima xornada, deberán completar 5.556 metros, divididos en catro longos e tres ceavogas, mentres que os clubs femininos competirán a quinta regata da temporada nunha distancia de 2.778 metros.

O domingo, a partir das 11.40 h., a G2 e a web da CRTVG desprazaranse a Castro Urdiales, para ofrecer outra das bandeiras clásicas da elite do remo, a Bandeira CaixaBank: a sexta edición para as embarcacións da Eusko Label Liga e a cuarta da Liga Euskotren.

Polo de agora encabeza a competición masculina, con doce embarcacións en liza, Orio (67 puntos), seguida por Hondarribia (61) e Santurtzi (57), mentres que, o único club galego no torneo, Cabo, descendeu ao noveno posto da táboa con 29 puntos a última xornada. Na liga feminina, con 4 embarcacións e sen participación galega, tamén vai á cabeza o club Orio (15 puntos).

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here