Azúcar Moreno e El Combo Dominicano actúan esta noite no escenario de ‘Bamboleo’

0
15

Santiago, 18.6.2022.- ‘Bamboleo’ chega esta noite repleto de música e de festa. O espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro recibirá a visita dun dúo de irmás que escribe o seu nome con maiúsculas no mundo da música: Azúcar Moreno. As irmás Salazar interpretarán o tema ‘Postureo’, co que presentaron a súa candidatura para representar a España en Eurovision, e participarán nos xogos de Claudio Pan e Tamara Pérez.

O ‘swing’ dunha das orquestras máis recoñecidas da verbena galega, El Combo Dominicano, será tamén protagonista desta edición do programa, en que haberá ademais exhibicións de baile, esta vez cunha parella de bailarinas de Málaga expertas en salsa: Noelia e Irena.

Esta noite está convidado, así mesmo, o grupo galego Sr Jingles, liderado polo artista Ramiro Núñez. ‘Fénix’ é o primeiro sinxelo que se recolle dentro do álbum debut de Sr Jingles: ‘El grito de Wilhelm’.

No ‘Agora ou nunca’ cantarán Carlos Carid e Dani Bravo, que interpretarán os temas ‘Te vas’, de Américo, e ‘La mañana’, de Al Bano. O karaoke de ‘A jrileira’ porá a proba os coñecementos musicais de Luciló, representante do Fútbol Club Monfero, e de Marta, do Baloncesto Base Costa Ártabra de Ferrol. Primeiro cantarán ‘Todos me miran’, de Gloria Trevi, e despois terán que adiviñar o maior número de intérpretes en minuto e medio de tempo.

En ‘A ITV do amor’ chegará contra o final do programa con Marta, o seu mozo e dous amigos, que intentarán despistar un participante de público para que non dea adiviñado quen é realmente a súa parella.

Fuente Crtvg.es