Baloncesto, fútbol sala e ciclocrós, no ‘Galicia en Goles’ da Radio Galega

0
1

Santiago, 27.11.2019.- O ‘Galicia en Goles’ non para no Nadal. Este venres, desde as 20.30 h, Toni López conduce a primeira edición da fin de semana, coa retransmisión desde Betanzos do partido Galicia – Madrid, correspondente á primeira xornada do Campionato de España de fútbol sala feminino na categoría sub-19. O programa tamén estará en Vigo, no torneo de fútbol que organizan a fundación Vide e a asociación de fútbol afeccionado, Afavi.

O sábado, o ‘Galicia en Goles’ chegará á audiencia da man de Rodrigo Pérez só a través da páxina web radiogalega.gal, entre as 18.00 e as 20.00 h, coa retransmisión do partido da Liga ACB de baloncesto entre o Obradoiro e o Estudiantes. Desde as 20.00 h, xa pola FM, os oíntes poderán seguir o derbi da LEB Ouro entre o Breogán e o COB Ourense, ademais do Marín-Oviedo. O Guardés – Xixón de balonmán feminino e o Galicia – Ceuta de fútbol sala feminino completan a oferta do día.

O domingo, ás 12.00 h, a edición matinal contará o campionato galego de ciclocrós desde O Porriño, ademais do Galicia – Castela A Mancha de fútbol sala feminino desde Betanzos e o torneo de balonmán organizado polo club vigués Carballal. Ás 17.00 h, a sesión de tarde estará centrada no encontro da LEB Ouro de baloncesto entre o Basket Coruña e o Cáceres, desde Riazor.

Durante a fin de semana, a Radio Galega presenta outras ofertas deportivas. O sábado, ás 13.00 h, Alfonso Pardo celebra en Xinzo de Limia o centenario do Antela Fútbol Club. Ás 15.00 h, Toni López repasará os mellores momentos das entrevistas aos deportistas galegos olímpicos nunha edición especial de ‘Galicia en Toquio’, que tamén ofrecerá a súa emisión semanal ás 23.30 h. O último sábado do ano tamén terá oco para a revista do motor ‘Gas a Fondo’, como cada sábado, ás 23.00 h.

O domingo, ás 15.00 h, é a quenda da segunda entrega especial de ‘Galicia en Toquio’ e ás 23.00 h, Pedro Pablo Alonso resumirá o ano deportivo no espazo ‘Ao Contraataque’.

Fuente Crtvg.es