Baloncesto, hóckey e fútbol, esta fin de semana, en directo, nos medios públicos galegos

0
0

Santiago, 20.12.2019.-   Os afeccionados ao deporte estarán unha fin de semana máis  acompañados polos medios públicos galegos, que ofrecerán pola G2 e pola web da CRTVG un amplo abano de encontros e disciplinas deportivas en directo, que inclúen encontros de fútbol, hóckey e baloncesto.

O sábado, as retransmisións comezarán ás 15.45 h co partido de fútbol R.C. Celta B – R. M. Castela, correspondente á xornada 18 de 2ª B. O Celta B augura un partido con ganas de recuperar sensacións positivas tras perder 3-1 contra o Atlético B.

A continuación (17.30 h), será o momento do fútbol sala, co derbi galego de Segunda División entre o Santiago Futsal e o Noia Portus Apostoli. En Santa Isabel daranse citará dous conxuntos en momentos dispares e que se coñecen de sobra, pois oito dos xogadores que pisarán o parqué da capital galega vestiron a camiseta de ambos os dous clubs.

E, para rematar esta intensa tarde polideportiva, outro derbi, neste caso da Liga LEB de baloncesto, coa transmisión en directo, a partir das 19.00 h, do encontro Leche Río Breogán – Leyma Coruña.
    
O hóckey a patíns inaugurará as emisións deportivas do domingo na G2 e na web da CRTVG ás 12.00 h, co partido que disputarán o F.C. Barcelona e o Deportivo Liceo, dous equipos que ocupan os dous primeiros postos da clasificación e que, ademais, están empatados a puntos, polo que este último encontro de 2019 se presenta con máxima igualdade.

Rematado o partido de hóckey, será novamente a quenda do fútbol de 2ª B, co encontro As Palmas Atlético – Rácing de Ferrol. Na xornada pasada, os galegos golearon ao Langreo, mentres que os canarios intentarán gañar os tres puntos que non puideron conseguir contra o Coruxo.

Xa pola tarde, e dentro do espazo ‘A Liga das Cidades’, os espectadores dos medios públicos galegos poderán seguir o partido de Terceira División que enfrontará a S.D. Compostela co C.D. Choco.

Fuente Crtvg.es