Baloncesto, hóckey, fútbol e balonmán, esta fin de semana, en directo, nos medios públicos galegos

0
3

Santiago, 15.11.2019.-   Os afeccionados ao deporte están unha fin de semana máis de parabéns na compaña dos medios públicos galegos, que ofrecerán pola G2 e a web da CRTVG un amplo abano de encontros e disciplinas deportivas en directo.

O sábado, a primeira cita dirixirá a atención dos espectadores cara á provincia de Pontevedra, xa que o Marín Ence Peixe Galego enfrontarase co Mallorca Palma, ás 18.00 horas, nun partido correspondente a LEB Ouro de baloncesto. Ao seu remate, ás 20.00 horas, as cámaras da Galega virarán de especialidade para ofrecer un novo encontro da Euroliga de hóckey, entre o Deportivo Liceo e o U.D. Oliveirense.

Tamén esta xornada, en exclusiva pola web da CRTVG e ás 17.00 horas, se transmitirá o Coruxo F. C.-As Rozas C. F., de 2ªB de fútbol.

O fútbol inaugura as emisións deportivas do domingo na G2 e na web da CRTVG ás 12.00 horas, co partido que disputarán o Rácing de Ferrol e a U. D. Melilla. Pola tarde, a partir das 16.30 horas, comeza unha nova edición de ‘A Liga das Cidades’, co partido de 2ªB de fútbol Pontevedra C. F.-C. Marino de Luanco.

A Challenge Cup, competición europea de balonmán, co Mecalia Atl. Guardés-DHB Rotweiss Thun Spl (19.00 h.) como protagonistas, completa a oferta deportiva para esta fin de semana.

Fuente Crtvg.es