Balonmán, baloncesto e fútbol, na oferta deportiva de CRTVG esta fin de semana

0
3

Santiago, 06.12.2019.-  As  transmisións deportivas da G2 e da web da CRTVG arrancan este sábado ás 17.00 horas cun novo partido na máxima categoría de balonmán, entre o Cangas Frigoríficos do Morrazo e o Bada Huesca.

Ao remate do balonmán, ás 19.00 horas, as cámaras dos medios públicos galegos situaranse no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo para transmitir un encontro na liga LEB Ouro de baloncesto, co Leche Río Breogán e o Club Melilla Baloncesto como protagonistas.

O domingo, o espazo de fútbol ‘A Liga das Cidades’ ofrecerase na faixa de mañá, a partir das 12.00 h. Nesta ocasión, poderanse seguir en directo o R. C. Celta B-R. Oviedo B e As Palmas Atl.-Pontevedra C. F., con conexións co S. C. R. Peña Deportiva-R. Ferrol, correspondentes todos eles á categoría 2ªB. O partido do Rácing de Ferrol transmitirase, de xeito íntegro, ás 11.30 horas pola web da CRTVG.

Ás 18.15 horas, volve o baloncesto da LEB Ouro á palestra, desde o Paco Paz de Ourense, onde o Club Ourense Baloncesto recibirá o equipo madrileño Zte. Real Canoe N. C.

Fuente Crtvg.es