‘Bamboleo’ ofrece esta noite as actuacións do grupo canario Efecto Pasillo e da cantautora mugardesa Sofía Espiñeira

0
10

Santiago, 17.10.2020.-  ‘Bamboleo’ (22.05 h) olve esta noite ao prime time da TVG con Xosé Manuel Piñeiro á fronte e co divertimento, o humor e a música como protagonistas. O programa recibe hoxe a visita de Efecto Pasillo, banda canaria que neste ano 2020 celebra os dez anos da publicación do seu primeiro disco.

A carreira de éxitos de Efecto Pasillo iniciárase co tema ‘Chacho’ e despois chegarían ‘Pan y mantequilla’, un dos temas que interpretarán en ‘Bamboleo’, e moitos outros. O grupo canario participará nos xogos do programa e cantarán o seu último tema, ‘Similares’, unha canción realmente optimista cunha mensaxe moi positiva.

‘Bamboleo’ convidará así mesmo a cantautora mugardesa Sofía Espiñeira, que publicou o seu primeiro disco, ‘Alá onde agroman as herbas’, tras gañar o Certame da Canción de Autor en galego do Concello de Teo. Esta noite interpretará o seu tema ‘A vida contemplativa’, en que utiliza a ironía e o humor para achegarse á escena cotiá das tarefas pendentes.

Coma cada sábado, a música máis marchosa soará no escenario das orquestras de ‘Bamboleo’. Neste caso será a formación asturiana Grupo Tekila a encargada de animar a velada. Un dos momentos estrela da noite chegará co ‘Dirtidansi’, en que a parella valenciana formada por Gregory e Jessica, especialistas en bachata urbana, ofrecerá dúas espectaculares coreografías.  

As protagonistas do ‘Agora ou Nunca’ serán dúas mulleres que subirán ao escenario para interpretar dous temas de estilos ben dispares: serán Lourdes Núñez e Ana Denis, que cantarán, respectivamente, ‘Walking on sunshine’, de Katrina and the Waves, e ‘El clavel’, de Rocío Jurado.

Na ‘Jrileira’ competirán Luísa e Beatriz, da Asociación Cultural e Deportiva Santa Cristina de Valeixe e do Club de Tenis de Mesa da Asociación Cultural e Deportiva Grupo de Amigos de Meaño, respectivamente. Primeiro cantarán ‘Color esperanza’, de Diego Torres, e despois terán que adiviñar o maior número posible de intérpretes en minuto e medio.

Claudio Pan e Tamara Pérez chegarán cada un coas súas seccións, mentres que Isi se centrará na súa especialidade: o humor. Na ‘ITV Do Amor’ un participante do público terá que adiviñar cal é a parella de Brenlla en función das respostas das posibles mozas: Fátima, Melanie e Nagore. En xogo hai un premio moi interesante: unha fin de semana para catro persoas.

Fuente Crtvg.es