‘Bamboleo’ ofrecerá esta noite as actuacións da granadina Rosa López e do grupo de trap galego Verto

0
7

Santiago, 08.08.2020.-  A granadina Rosa López acode esta noite a ‘Bamboleo’ (22.00 h), o programa de entretemento da TVG da noite do sábado. Máis dun millón de discos vendidos avalan a carreira dunha das artistas máis queridas do noso país. A cantante achegará algunhas das súas cancións máis coñecidas, ademais do seu novo sinxelo, ‘Vacío’.

O espazo da TVG presentado por Xosé Manuel Piñeiro ofrecerá tamén as actuacións do grupo Álkar e da banda independente de música pop e trap galego Verto, que ofrece ritmos urbanos e bailables cun abano de letras que van desde a crítica e o humor acedo ao repertorio íntimo de temas. A actualidade recente, como o confinamento pola pandemia, tamén se reflicte nos seus temas, concretamente en ‘Pegadiño a ti’, que interpretarán esta noite no programa.

No escenario tamén estarán Fanny Méndez, interpretando ‘Hello’, de Adele, e Santi Castro, co tema ‘Hoy tengo ganas de ti’, de Alejandro Fernández, para competir ambos os dous no ‘Agora ou nunca’.

Ademais, coma sempre, ‘Bamboleo’ ofrecerá as seccións ‘A ITV do amor’, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; ‘A jrileira’, con Christian e Dani competindo no karaoke coa canción ‘Sarandonga’, de Lolita, e ‘Dirtidansi’, coa participación da parella formada por Antoni e Melanie.

Fuente Crtvg.es