‘Bamboleo’ recibe esta noite as Ázucar Moreno, que presentarán o seu novo disco no programa

0
10

Santiago, 19.09.2020.-     A festa do ‘Bamboleo’ chegará este sábado co dúo Azúcar Moreno como convidadas de honra. Xosé Manuel Piñeiro recibirá as irmás Salazar, que presentarán o seu último disco, titulado ‘El secreto’. Neste traballo manteñen a mestura de ritmos pop e flamenco tan característicos que as fixo famosas. Esta noite cantarán sobre o escenario do ‘Bamboleo’ algúns dos temas incluídos nese novo álbum como ‘La cura’, primeiro sinxelo do décimo sexto traballo discográfico de Antonia e Encarna Salazar.

O espazo da TVG contará así mesmo coa presenza do dúo vocal feminino As Lembranzas, que presentarán o disco titulado ‘Gaëla’, unha colaboración galego-belga con composicións propias, en que mesturan as raíces celtas con outras culturas.

Desde as Illas Canarias chegará o Grupo Nueva Fuerza, que será o encargado de facer bailar a todos os presentes, mentres que no ‘Dirtidansi’ o grupo vigués Grow As Ohana amosará a súa destreza nas danzas urbanas.
       
No ‘Agora ou Nunca’, os participantes desta noite serán Paula Ferrer e Toni Otero, que interpretarán, respectivamente, ‘Por debajo de la mesa’, de Ana Guerra, e ‘Los amigos’, de David Bustamante.

No karaoke de ‘A Jrileira’ enfrontaranse Nacho, de Os Ingleses Club de Vilagarcía, e Brais, do Club de Judo Baixo Miño da Guarda, co tema ‘Bajo el mismo sol’, de Álvaro Soler, e adiviñando intérpretes.

O humor de Isi e a destreza dos colaboradores Claudio e Tamara metendo os artistas en apuros, farán que a noite sexa redonda. Ademais, na ‘ITV do Amor’, un concursante do público xogará contra André, Nayara, Carla e Lara para adiviñar quen das tres rapazas é a verdadeira parella de André.

Fuente Crtvg.es