‘Bamboleo’ recibe este sábado a visita estelar do cantante venezolano Carlos Baute

0
16

Santiago, 23.07.2022.-   ‘Bamboleo’ presentarase este sábado pola noite con Xosé Manuel Piñeiro á fronte e cun famoso artista venezolano como convidado: Carlos Baute. O cantante estará interpretando os seus últimos éxitos, xogando e divertíndose.

Tamén actuará esta noite no programa a artista do Grove Carolina Rubirosa. ‘Alén do mar’ é seu o último traballo, un EP do que se extrae o tema ‘Lagar das augas’, que hoxe interpretará en ‘Bamboleo’. Ademais, o programa contará coa actuación da orquestra galega Los Españoles, que se presenta moi renovada e festeira.

Desde Andalucía chega hoxe unha parella de bailaríns profesionais: Pablo e Raquel, que realizarán dúas exhibicións de smooth bachata, un estilo en que son especialistas.

No ‘Agora ou Nunca’ actuarán Rosa María Orge, que cantará ‘La noche es’, unha versión que fixo o grupo Los Tahúres Zurdos de ‘Because the night’, de Patti Smith, e Moni Lop, unha arxentina que interpretará o tema ‘La distancia’, de Roberto Carlos. En ‘A Jrileira’ xogarán dúas entidades deportivas: o Club Deportivo La Peña de Marín e o Club de Fútbol Vilarmaior.

Tamara Pérez e Claudio Pan volverán cos seus xogos para os convidados e Isi coas súas experiencias verídicas. A ‘ITV do Amor’ chegará cara ao final do programa coa participación dunha parella de namorados e dous colegas que intentarán despistar un participante de público para gañar o premio que hai en xogo.

Fuente Crtvg.es