‘Bamboleo’ recibe este sábado dous artistas de nivel: Nyno Vargas e Pili Pampín

0
19

Santiago, 21.01.2023.-     ‘Bamboleo’ chega de novo este sábado coa súa máxica combinación de música, diversión e entretemento. Xosé Manuel Piñeiro recibe hoxe dous artistas de nivel: Nyno Vargas e Pili Pampín. Ademais, unha das mellores orquestras da verbena galega, como é a Olympus, amenizará o programa, que tamén contará coas demostracións de baile da parella formada por Eivynd e Daniel.

Pili Pampín ofrecerá unha selección de temas cos que lle rende homenaxe a Ana Kiro, unha das grandes damas da música galega, así como outras cancións. Pola súa parte, o artista valenciano Nyno Vargas presentará os seus últimos sinxelos: unha versión do clásico do flamenco ‘Fuera de mí’, actualizada con sons urbanos, e a súa última bachata co flow flamenco e urbano que caracteriza o artista e que se titula ‘Me encanta’. A conxunción galego-valenciana formada por Pili Pampín e Nyno Vargas participará tamén nos xogos que teñen preparados os colaboradores do programa: Tamara Pérez e Claudio Pan.

No ‘Agora ou Nunca’ vanse estrear cantando ante as cámaras os participantes desta noite: Beatriz Pita e Rober Barros. Os dous amosarán os seus dotes para a canción entoando ‘Profundo valor’, de Marta Sánchez, e ‘La cosa más bella’, de Eros Ramazzotti.

O karaoke de ‘A Jrileira’ enfrontará a Comisión de Festas da Xunqueira de Cee e o Club de Fútbol Raio Alaricano de Allariz, que, por medio dos seus representantes, Antía e Aram, cantarán ‘Del estadio al cielo’, de Morat, e adiviñarán o maior número posible de intérpretes en minuto e medio de tempo.

Na ‘ITV do Amor’, un concursante do público xogará contra María e tres amigos para adiviñar quen é a súa verdadeira parella. Unha proba nada fácil que contará coas divertidas e enxeñosas intervencións de Isi, Tamara, Damián e Javi Varela.

Fuente Crtvg.es