‘Bamboleo’ recibe este sábado unha visita moi especial, a de Abraham Mateo, que desde moi novo é un fenómeno mundial

0
15

Santiago, 09.07.2022.-    ‘Bamboleo’ (22.05 h), o programa que cada sábado conduce Xosé Manuel Piñeiro, contará hoxe cun convidado moi especial, un artista de San Fernando que desde moi novo é un fenómeno mundial: Abraham Mateo. O cantante fará parada en ‘Bamboleo’ para presentar os seus últimos lanzamentos, temas como ‘Quiero decirte’, en que colabora Ana Mena. Abraham compartirá cos espectadores unha noite de música e diversión e prestarase a xogar cos colaboradores do programa, Tamara Pérez e Claudio Pan.

Antonio Luz será outro dos protagonistas da noite. Estará presentando o seu disco ‘O paraíso das airas’, un gran proxecto musical do artista de Sarreaus, en que pretende casar o pop co rural galego.

Os sons da orquestra canaria Furia Joven encherán o estudio de ‘Bamboleo’ tal e como enchen as verbenas das illas e de Galicia, onde levan varios anos facendo parada. No tempo dedicado ao baile, a parella galego-italiana formada por Patricia e Jacopo bailarán dúas pezas de baile deportivo coas que conseguiron un terceiro posto no mundial.

No ‘Agora ou nunca’ cantarán Candy Romalde e Eugenio Tobío, que interpretarán ‘Someone you loved’, de Lewis Capaldi, e ‘Galicia, terra nosa’, de Los Tamara. En ‘A Jrileira’ competirán os representantes do Club Deportivo Zalaeta ATC Arteixo e Unión Deportivo Corcubión. Para ganar o premio terán que cantar e adiviñar o maior número posible de intérpretes.

A ‘ITV do amor’ chegará cara ao final do programa coa participación de Helena e tres amigos. Entre eles estará o seu mozo e xuntos intentarán despistar o participante de público e mais colaboradores do programa: Tamara, Isi, Damián e Javi Varela, reconvertidos nesta sección en ‘asesores do amor’ e sempre atentos a cada ollada ou comentario revelador.

Fuente Crtvg.es