Cando arte e oficio se xuntan na cociña, os ‘Larpeiros Social Club’ preparan unha pescada en salsa verde única

0
10

Santiago, 07.04.2020.-   Sempre se dixo que arte e oficio son a base de case calquera cousa que estea ben feita. Obviamente para ter oficio hai que cultivarse con calma, que ninguén nace aprendido. E se a todos eses saberes que se xuntan polo camiño se lle proporciona unha pouca arte, maxia… ou “sabrosura”, que lle chaman por outros lares, pois o resultado será algo espectacular, evidentemente.

Hoxe no ‘Larpeiros Social Club’ (22.25 h) haberá xustamente iso: Unha lección de arte e oficio cuns cociñeiros que van sobrados das dúas cousas. Cos amigos do club, hoxe descubrirase que cando se trata de facer unha empanada, aínda non está todo inventado. E o mesmo nos pasará coa pescada, cociñada nunha salsa verde, Con ela farase unha desas salsas famosas pola súa cor, e no proceso aprenderanse os pequenos trucos que fixeron famosos os nosos cociñeiros.

Adrián irá ata o porto de Celeiro, en Lugo, para recibir cos mariñeiros a mellor pescada do pincho. Asistirá á poxa para mercala a bo prezo e levala ata a Praza de Abastos de Viveiro. Todo, para traer unha pescada de categoría para Benigno, que a vai cociñar en salsa verde. Lola Gestido e Pili Pampín serán as encargadas de facer unha empanada de polbo, seguindo as receitas da súa nai e dunha amiga da cantante. E a sobremesa será o final perfecto para un día no club cheo de arte e oficio.

Fuente Crtvg.es