Carmen Lomana volve ao ‘Land Rober Tunai Show’, onde fenderá leña e terá que saír de máis dun apuro

0
31

Tamén regresa este xoves a familia de mariscadores máis falcatrueira e o xogo interxeracional por excelencia: ‘Xubilados VS Millennials’

Carmen Lomana volve ao 'Land Rober Tunai Show', onde fenderá leña e terá que saír de máis dun apuro

Santiago, 19.05.2022.-    ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves un dos personaxes máis queridos do programa: a grandísima Carmen Lomana. E quen mellor ca ela para axudarlle á veciña Filomena a fender a leña que lle quedou pendente a Kiko Rivera. Lomana vai traballar arreo e o equipo do programa tamén a vai meter nalgún apuro.

Por se fose pouco, volve a familia de mariscadores máis falcatrueira. Desta volta chega un momento histórico: a xubilación de Josiño. Ademais, ofrecerase unha nova entrega do xogo interxeracional por excelencia: o ‘Xubilados VS Millennials’. Quen conseguirá o liderado?

Todo isto e máis, este xoves con Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e José Baño, a partir das 22.00 h na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es