"Casa de Comidas" saboreará este domingo a comida de sempre en establecementos de Ponteareas, Moeche, Meira e Verín

0
20

Santiago, 03.12.2017.-   A Televisión de Galicia emite esta noite unha nova entrega de “Casa de Comidas”, un programa en que ademais da historia e os segredos dos lugares que fan da tradición culinaria galega unha arte, tamén se coñecen os produtos, os pratos e a maneira de cociñar nos fogóns co sabor herdado  de varias xeracións. No programa amósanse as cociñas de sempre e pretende que o telespectador goce con lugares cargados de sabor e de bensaber facer gastronómico que fan a delicia dos amantes da boa comida.

Nesta cuarta entrega aparecerán “Casa Lola”, de Ponteareas; “Casa Pena”, de Moeche; “Casa Cazoleiro”, de Meira, e “Casa do Pulpo”, de Verín. “Casa Lola”, de Ponteareas, abriu as súas portas no ano 1929 e é un establecemento singular, cunha estética vintage, en que destaca a presenza de mobles antigos da familia e fotografías de décadas atrás. Entre as súas especialidades cabe mencionar a lamprea, os callos e o bacallau guisado.

A “Casa Pena”, de Moeche, caracterízase polas súas carnes, a súa empanada de zamburiñas e a caza. Foi fundada no ano 1934 polos avós da actual propietaria. Nos seus inicios foi unha tenda de ultramarinos típica dos pobos coa casa de comidas, autoservizo con carnicería e fonda.

Pola súa parte, “Casa Cazoleiro”, de Meira, iniciou a súa actividade hai algo máis de dúas décadas, pero neste período de tempo gañou a fama de ser un lugar cunha coidada gastronomía, en que sobresae a preparación que fai Álvaro, o propietario da casa, dunha perna de tenreira de raza autóctona galega no seu forno de leña.

Polo que respecta á “Casa de Pulpo”, de Verín, hai que salientar que é un dos lugares máis demandados para comer o polbo nesta comarca. Tamén fan unha carne ó caldeiro que goza de merecida fama. Esta casa foi fundada no ano 1938.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here