'Casamos!' asiste este luns a unha voda en Vigo inspirada na serie 'Xogo de Tronos'

0
3

Santiago, 22.07.2019.-    O amor xorde no momento e no lugar máis inesperado, como é o caso de Bea e David, que namoraron nunha cafetería de Coia mentres discutían de fútbol. Os protagonistas desta nova entrega do programa ‘Casamos!’ apostaron pola súa relación desde o primeiro momento: en menos dun ano xa estaban vivindo xuntos coas fillas de David. E Bea pasou de ser unha moza trouleira a converterse en cabeza de familia.

Agora queren dar un paso importantísimo nas súas vidas e van pasar polo altar. A súa voda en Vigo non deixará ninguén indiferente, non en van está ambientada na serie ‘Xogo de Tronos’. Bea e David van ser converterse por un día nos ‘reis no Norte’.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here