‘Casamos’ asiste hoxe a unha voda posposta ata en seis ocasións: a de Natalia e Javi

0
11

Desta volta vai a vencida e a parella terá por fino gran día co que leva soñando tanto tempo 

'Casamos' asiste hoxe a unha voda posposta ata en seis ocasións: a de Natalia e Javi

Santiago, 21.09.2021.-  Un bar en Salceda de Caselas uniu as vidas de Natalia e Javi, os protagonistas do programa ‘Casamos!’ (23.05 h) desta semana. Ela traballaba no negocio familiar e el era cliente habitual, pero o amor tardou en xurdir entre eles, pois Javi estaba casado. Tras un tempo en que se perderon a pista, un día volveron coincidir, Javi xa estaba separado e Natalia estaba aberta ao amor. Non facía falta máis. 

As primeiras citas da parella tiveron lugar nun bingo e, dous anos e medio despois de botaren a andar xuntos da man, agora dan un paso máis e casan. Iso si, a sorte non acompañou a parella, pois tiveron que aprazar a súa voda ata en seis ocasións. Pero desta volta vai a vencida e Natalia e Javi terán o gran día co que tanto tempo levan soñando.

Fuente Crtvg.es