‘Casamos!’ propón unha noite do máis romántica, coas vodas e historias de amor de dúas parellas protagonistas

0
19

Santiago, 14.10.2020.-  Chega unha nova noite dedicada ao amor á Televisión de Galicia, a través de dúas parellas. A primeira delas, xurdida do amor a primeira vista, será a protagonista de ‘Casamos!’ (22.35 h), con Mónica e Moisés, que non tiveran sorte no amor, mais nunca perderan a esperanza de namorarse de novo.

Cando Moisés coñeceu a Mónica soubo que ela era a moza ideal. Seis anos de relación foron suficientes para saber que desta vez acertaran na elección, así que non o pensaron máis. Hoxe Mónica e Moisés casan e queren unha voda única e á súa medida. Coa felicidade de saber que acertan dando este paso, nos días previos, entre tanto preparativo, a parella tamén se enfrontará á dor e á nostalxia que xorde ao lembrarse das ausencias importantes. Para amosar o día máis feliz desta parella, ‘Casamos!’ viaxará desde Xinzo ata Chaves, onde se vivirá unha voda por todo o alto, con emoción e diversión por partes iguais.

Na seguinte entrega de hoxe amosarase como as segundas oportunidades existen, ás veces, mesmo rematan en voda. Así é a historia de Lydia e Caty, protagonistas desta semana. Cando Lydia coñeceu a Caty quedou namorada dela, pero Caty naquel momento non estaba moi segura e tivo que amosarlle o importante que era para ela, ademais de afrontar unha importante crise de parella. Pero o amor pode con todo e retomaron a súa relación máis unidas que nunca.

Hoxe Lydia e Caty casan e queren que o seu enlace sexa único e orixinal, como elas mesmas. Así pois, os espectadores de ‘Casamos!’ asistirán a unha voda de conto, con castelo, princesas e moitas máis sorpresas.

Na foto superior, Mónica e Moisés.

Fuente Crtvg.es