“Casamos” regresa á TVG co enlace en Redondela de María e Eduardo

0
159

Santiago, 12.04.2017.-  O romanticismo volve a ser o protagonista da noite dos martes na Televisión de Galicia co inicio dunha nova temporada de “Casamos”. O programa, que se emitirá a partir das 23.00 h.,  une hoxe as vidas de María e Eduardo de Redondela.

A súa historia de amor comezou cun auténtico frechazo, xa que se coñeceron bailando e despois dunha soa conversa tiveron claro que o seu era para sempre. Os problemas co alcol de Eduardo e os comentarios da xente provocaron que os seus comezos non fosen doados. Pero despois de cicatrizar todas as feridas do pasado queren dar un paso máis na súa relación. A parella quería unha voda romántica e con moita festa, e os seus desexos vanse cumprir  coas cámaras da Televisión de Galicia como testemuñas. 

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here