‘Casamos!’ trae este mércores unha voda chea de grandes emocións, a de Cati e Gonzalo

0
25

As vidas dos protagonistas cruzáronse por casualidade hai cinco anos e consolidáronse co nacemento da pequena Claudia

'Casamos!' trae este mércores unha voda chea de grandes emocións, a de Cati e Gonzalo

Santiago, 02.09.2020.-  Para dar inicio ao mes de setembro, Televisión de Galicia trae esta noite ao programa ‘Casamos!’ (22.00 h) un enlace romántico e entrañable. Como é habitual en cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión desta parellas de noivos que decide celebrar o seu casamento, os nervios dos preparativos nupciais e as opinións e desexos de amigos e familiares.

Os protagonistas desta entrega serán Cati e Gonzalo, que se atoparon de casualidade hai cinco anos. A insistencia de Gonzalo fixo posible que a relación avanzase e, ao pouco de coñecérense, el deixou A Coruña para vivir en Carballo con ela.

A parella permaneceu xunta nos bos e nos malos momentos e a súa unión consolidouse co nacemento da pequena Claudia. Como en todas as decisións importantes, o de casar foi cousa de Cati e unha vez máis Gonzalo deixouse levar. Falta moi pouco para o gran día e a incansable Cati encárgase de ultimar todos os preparativos. A súa será unha voda chea de grandes emocións, como poderán comprobar os espectadores da TVG.

Fuente Crtvg.es