Celta-Valladolid, Almería-Lugo e a Terceira, no ‘Galicia en goles’

0
18

Santiago, 25.02.2021.- Febreiro remata con moito deporte na sintonía da Radio Galega. O venres, desde as oito e media do serán, Paco Santos analiza o calendario dos equipos galegos cos protagonistas dos partidos máis importantes ata as 12 da noite na primeira edición de ‘Galicia en goles’.

O sábado, desde as 3, Xoán Galán conduce a retransmisión do encontro da Segunda División A entre o Almería e o Club Deportivo Lugo. Ademais, as ligas de baloncesto, fútbol sala e balonmán completarán a programación ata as 11 da noite.

Xa o domingo, o ‘Galicia en goles’ non descansará nin no xantar, xa que ás 2 da tarde xoga o Celta en Balaídos ante o Valladolid. Antes, desde as 12 do mediodía, o programa atenderá o fútbol de Terceira e o baloncesto, con atención especial ao Obradoiro-Tenerife da ACB. Pola tarde, máis fútbol autonómico ata que comece o faladoiro de especialistas, contra as oito e media do serán.

Durante a fin de semana, a Radio Galega ofrece outros espazos de temática deportiva. O sábado, á 1 do mediodía, Alfonso Pardo visita O Vicedo para presentar a Unión Deportiva Folgueiro. Ás 11 da noite, Rodrigo Pérez Pardo analiza a actualidade do motor no ‘Gas a fondo’, mentres ás once e media Toni López conversa co padexeiro Luis Fernández no ‘Galicia en Toquio’.

Ademais, o domingo ‘Ao contraataque’ debate ás 11 da noite os resultados acadados polos nosos equipos durante a fin de semana.

Fuente Crtvg.es