Chega á Galega ‘O debate da G2’, un novo programa diario, en directo, de análise da actualidade

0
9

Santiago, 13.10.2021.-  A Galega conta desde este xoves cun novo espazo diario para o debate e a análise da actualidade, ‘O debate da G2’ (18.00 h). Presentado pola xornalista Sabela Romar, baixo a dirección de Maribel González, este programa chega á faixa da tarde co obxectivo de abordar os asuntos clave da actualidade co centro do debate en Galicia.

De martes a venres, este novo programa, feito cos criterios de servizo público desde o estudio 300 de San Marcos, abranguerá unha gran variedade de temas, desde os de carácter social e económico ata os estritamente políticos. Realizado en directo, ‘O debate da G2’ contará en cada emisión coa participación de catro comentaristas, expertos sobre o tema que se vai tratar e representativos de todos os estamentos, que configurarán un panel de debate plural.

‘O debate da G2’ abordará este xoves, na súa estrea, o debate do estado a autonomía, o primeiro da actual lexislatura, ao non celebrarse en 2020, e contará como comentaristas coa presenza do consultor político e de comunicación Juan Carlos Piñeiro, e cos xornalistas Luis Pérez, Carla Reyes e Fernando Salgado.

Na edición do venres, o programa continuará coa análise do debate do estado de autonomía aínda que tamén falará dos presupostos do Estado e do inicio do 40 Congreso do PSOE, entre outras cuestións. Nesta ocasión, contará coa participación do xornalista Roi Rodríguez, da profesora de Ciencia Económica María Bastida, do analista político Xesús Veiga e do editor do xornal ‘Mundiario’, Xosé Luis Gómez.

Coa estrea deste novo espazo para o debate, a canle pública galega amplía a súa oferta de programas de análise informativa, formato destinado á interpretación da actualidade, que tamén levan a cabo ‘Conexión Galicia’ (luns, 18.00 h); ‘A crónica’ (de luns a xoves, 23.00 h) e ‘Café sen gotas’ (sábado, 15.00 h).  

Fuente Crtvg.es