Chega hoxe en ‘A Lei de Santos’ o gran día da voda de Áurea e David

0
7

O Matachín está exultante porque é unha grande oportunidade para desfacerse dos seus rivais, aínda que isto supoña un derramamento de sangue nunca visto en Viladesantos

Chega hoxe en 'A Lei de Santos' o gran día da voda de Áurea e David

Santiago, 24.10.2021.-  Este domingo, en ‘A Lei de Santos’ (23.10 h), chegou o día da gran voda entre Áurea e David. O Matachín está exultante porque é unha oportunidade de ouro para desfacerse dos seus rivais, aínda que iso supoña un derramamento de sangue nunca visto en Viladesantos.

Como parte do acordo entre o Matachín e Peixe, a voda celébrase no restaurante e iso supón que Santos, Abel e Emilia sexan os camareiros do banquete. Esta circunstancia pode converterse nunha nova oportunidade para recuperar as figuras, pero ninguén contaba coa asistencia ao enlace dunha vella coñecida.

Alleos á treboada que vai ocorrer no restaurante, Roi, Uxía e Lourenzo intentan resolver o asasinato de Denís. Agora todas as sospeitas están postas en Ingrid e a actitude que teñen tanto ela como Elba non fai máis que aumentar a presión sobre elas. Confesarán o asasinato?

Fuente Crtvg.es