Chile-Uruguai, en directo, hoxe na G2

0
9

A segunda canle ofrece esta noite, a partir das 23.00 horas, un novo encontro correspondente á fase de Grupos da Copa América

Chile-Uruguai, en directo, hoxe na G2

Santiago, 21.06.2021.-  Este luns continúa o deporte na G2, coa emisión en directo, a partir das 23.00 horas, dun novo encontro correspondente á fase de Grupos da Copa América, o que xogarán as seleccións de Chile e Uruguai desde o estadio Arena Pantanal.

Decisivo duelo entre dúas seleccións con gran rivalidade, con tres puntos capitais para a gañadora. Uruguai precisa con urxencia gañar, tras perder no debut ante Arxentina (1-0). Pola súa parte, unha vitoria dos chilenos esta noite daríalles o paso a cuartos de final a falta do seu choque con Paraguai e poría nunha situación moi delicada a continuidade de Uruguai na Copa América.

Fuente Crtvg.es