Ciencia e apicultura únense este luns no programa ‘Cos pés na terra’

0
13

Os espectadores coñecerán unha bebida que triunfa nas terrazas de medio mundo, saberán máis da ‘permacultura’ e pescudarán os segredos da cría do porco celta

Ciencia e apicultura únense este luns no programa 'Cos pés na terra'

Santiago, 14.12.2020.-  O programa ‘Cos Pés na Terra’ (22.40 h) vai mesturar hoxe ciencia con apicultura. Os espectadores da TVG coñecerán a Álvaro e Hugo, dous rapaces que uniron forzas para crear unha bebida que triunfa nas terrazas de medio mundo.

O equipo do programa estará tamén con Rubén, experto na filosofía agraria da ‘permacultura’, que é quen de deseñar as hortas máis produtivas e os xardíns máis fermosos.

A última protagonista deste luns será Laura, unha rapaza que decidiu que a súa vida ía estar entre porcos celtas. E  o traballo, polo que se ve, non a pode facer máis feliz.

Fuente Crtvg.es