‘Coma un allo’ reúne os seus tres mellores concursantes para competir nunha edición especial polo programa 500

0
11

Santiago, 10.03.2020.-  O programa ‘Coma un allo’ celebra este mércores unha edición moi especial, con motivo do seu programa 500. O concurso, que presenta cada sobremesa na TVG Bernardo Montaña, xunto aos sabios María Canosa e Jorge Mira, reunirá para a ocasión os tres concursantes que ata o momento alcanzaron o ‘allo de ouro’, ou o que é o mesmo, o límite de 50 programas, para competir polo prezado título de ‘Listo coma un allo’. Alberto García, de Vigo; Estevo, de Pontevedra, e Antonio Freire, de Vigo, son os tres únicos concursantes que acadaron o tope de 50 programas.

Alberto García foi o primeiro en facelo, a súa andaina comezou o 23 de febreiro de 2018 e rematou o 10 de maio coa coincidencia de que competira contra Antonio Freire nos seus tres últimos programas, pero coa mala sorte de quedar eliminado no último programa de Alberto García. Conseguiu gañar no programa 11.500 euros. Pola súa parte, Adrián Estévez, máis coñecido como Estevo, foi o segundo concursante en acadar os 50 programas case un ano despois do logro de Alberto, o 22 de xaneiro de 2019 e rematando o 1 de abril do mesmo ano e acadando un dos botes xogados durante a súa estadía o que incrementou ata os 24.750 € a cantidade gañada no concurso. Finalmente conseguiuno Antonio Freire, tamén de Vigo, debutando no programa o 19 de novembro de 2019 e rematando o 4 de febreiro. Antonio conseguiu gañar un bote facendo que a contía gañada no programa alcanzara os 18.200 euros.

Fuente Crtvg.es