‘Comando G’ chega cun difícil reto para os concursantes, que serán avaliados por un xurado ao que se une Silvia Pantoja

0
38

Santiago, 26.012022.- Os cinco famosos protagonistas de ‘Comando G’ (23.05 h) continúan hoxe competindo polo premio de 1.000 euros do programa, que doarán a unha organización solidaria. Unha semana máis, terán que superar un reto en que porán a proba as súas habilidades físicas e psicolóxicas.

As experiencias que terán que superar e as súas actuacións musicais no escenario serán avaliadas por Xosé Manuel Piñeiro, Xosé Luís Blanco Campaña e a artista convidada desta noite, a cantante Silvia Pantoja.

Nesta ocasión, Trisha Fernández viaxará ata Vigo para traballar nun despezamento de coches xunto a un equipo de homes, liderado por Brandon, que lle amosará o duro oficio. A presentadora demostrará unha semana máis que é unha muller todo terreo, que se esforza en cada experiencia para obter os mellores resultados.

Pola súa parte, Patricia Pérez, que é unha grande amante dos animais, acompañará a Jesús García, veterinario rural, nunha xornada en que terán que facerlles fronte a casos moi complicados. A presentadora vivirá momentos moi delicados xunto a un padriño que porá todo da súa parte para sacar o traballo adiante.

Mentres, Alberto Comesaña coñecerá a Pepe Solla e a súa cociña de Estrela Michelin e Sol Repsol. O seu atractivo e difícil reto será formar parte do seu equipo de cociña na quenda do mediodía. O cantante de Amistades Peligrosas gozará dunha cociña en que se traballa en perfecto equilibrio, pero suará para seguir o ritmo e conseguir resultados, que só poden ser perfectos.

Paloma Lago vivirá unha experiencia inesquecible xunto ao piloto de rallys Luís Penido. Terá que converterse na súa copilota por un día. Unha semana máis, a modelo e presentadora demostrará que pode con todo e que para ela cada reto é unha proba de superación da que goza ao máximo.

E, por último, Lucía Rodríguez, que de nena soñaba con ser policía, terá esta semana que preparar as probas físicas para ser policía local. O adestrador Pablo Gandul será o encargado de conseguir que a presentadora intente, polo menos, facer cada unha das duras probas.

Fuente Crtvg.es