Comeza a rodaxe de 'María Solinha', o novo filme de Ignacio Vilar que conta coa participación de Televisión de Galicia

0
7

Santiago, 13.08.2019.- O novo filme do director Ignacio Vilar, ‘María Solinha’, comezará a súa rodaxe o luns 19 de agosto en localizacións de Redondela, Cangas e da Illa de Toralla. A rodaxe desta película, que aborda a figura desta muller do século XVII pero trasladada á actualidade, estenderase ao venres 20 de setembro. Así foi anunciado hoxe nunha rolda de prensa celebrada na Lonxa de Cesantes (Redondela), en que interviñeron Ignacio Vilar, director do filme; Grial Montes e Laura Míguez, actrices protagonistas; Rosa Vilas, adxunta ao director xeral da CRTVG; Jacobo Sutil, director da AGADIC, en representación da Xunta de Galicia; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas; Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura de Redondela; e Digna Rivas, alcaldesa de Redondela. 

A película está producida por Vía Láctea Films, con Televisión de Galicia como produtor asociado. Conta tamén co apoio da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), da Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela e o Concello de Cangas.

‘María Solinha’ é a nova longametraxe de Ignacio Vilar, autor `A Esmorga´ ou `Sicixia´. Trátase dun dos proxectos cinematográficos promovidos pola CRTVG no marco do seu apoio ao sector audiovisual galego e dentro do coñecido como o cumprimento do 6%.

Na foto superior, de esquerda a dereita: Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura de Redondela; Digna Rivas, alcaldesa de Redondela; Rosa Vilas, adxunta ao director xeral da CRTVG; Grial Montes, actriz protagonista; Ignacio Vilar, director; Laura Míguez, actriz protagonista, e Jacobo Sutil, director da AGADIC, en representación da Xunta de Galicia.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here