Como educar un can para pastoreo, entre as leccións que ofrecerá hoxe ‘Cos Pés na Terra’

0
26

Ademais, o equipo do programa (23.10 h) pasará unha xornada cunha familia gandeira e visitará en Gondomar as leiras duns agricultores que fan as delicias dos clientes cos seus pedidos

Como educar un can para pastoreo, entre as leccións que ofrecerá hoxe 'Cos Pés na Terra'

Santiago, 05.12.2022.-    Os espectadores de ‘Cos Pés na Terra’ van aprender a educar un can para pastoreo e para isto terán de mestre a Jose, que amosará como levar as ovellas ben guiadiñas.

O espazo da TVG visitará tamén a Xaquín e a Tomás nas súas leiras en Gondomar. Con eles o equipo do programa cultivará, apañará e preparará os pedidos cos que fan as delicias de todos os seus clientes.

Ademais, ‘Cos Pés na Terra’ pasará unha xornada cos Canosa, unha familia gandeira en que os pequenos se andan a preparar para un futuro entre animais e maquinaria.

Fuente Crtvg.es