Con Amistades Peligrosas como grupo convidado, os famosos de ‘Comando G’ protagonizarán un programa cheo de emocións

0
19

Santiago, 12.01.2022.-   Os 5 famosos protagonistas de ‘Comando G. Celebrity’ (23.00 h) continúan este mércores competindo polo premio de 1.000 euros, que doarán a unha organización solidaria. Unha semana máis, terán que superar un reto en que porán a proba as súas habilidades físicas e psicolóxicas. Xosé Manuel Piñeiro, Xosé Luís Blanco Campaña e o grupo de música convidado, Amistades Peligrosas, serán esta noite os encargados de valorar as experiencias e actuacións musicais que terán que superar os cinco concursantes.

Patricia Pérez viaxa ata Cambados para vivir unha xornada moi intensa. Será mariscadora por un día xunto a Mª Carmen Resús, que exercerá de xefa esixente para que a presentadora de televisión poña todo da súa parte.

Pola súa banda, Paloma Lago irá ata Lugo para traballar nunha sala de despezamento. O seu padriño, Rafael Arias, será o encargado de que a modelo e presentadora demostre a súa destreza cos coitelos.

Para Trisha Fernández esta é unha semana moi especial. Vivirá unha experiencia inesquecible xunto a José Rivera, hipnotizador e mentalista. A presentadora da TVG viaxará no tempo e recordará algúns dos momentos máis importantes da súa vida. Pero, sen dúbida, o máis emocionante foi cando sentiu o seu pai falecido.

Lucía Rodríguez vivirá unha tarde moi complicada, rodeada do que máis odia no mundo, os insectos. Gonzalo Posada, criador e vendedor destes bechos, intentará que a presentadora lle axude a preparar os pedidos online para a xornada. Unha misión máis que complicada!

E Alberto Comesaña converterase en Superman, grazas a artista de bodypainting Asun Álvarez. Unha experiencia coa que demostrará as súas habilidades interpretativas.

Fuente Crtvg.es