‘Cos Pés na Terra’ amosará esta noite como fixar as cores da natureza na roupa

0
21

O programa da TVG estará tamén cun labrego recente e con dous cabreiros chegados desde ben lonxe

'Cos Pés na Terra' amosará esta noite como fixar as cores da natureza na roupa

Santiago, 10.01.2022.-     Os espectadores de ‘Cos Pés na Terra’ (23.05 h) coñecerán hoxe a Paula, unha rapaza cunha teima: fixar a natureza e as súas cores na roupa. Con ela descubrirán técnicas novas ao tempo que coñecerán mellor a contorna.

O programa da TVG tamén ten este domingo unha cita con Daniel, un labrego recente que tanto atende os seus cultivos, como as súas galiñas, como ovellas… Ao rapaz dálle tempo a todo e sen que nada estoupe.

Finalmente, ‘Cos Pés na Terra’ visitará a Antonio e Paula, dous cabreiros chegados desde ben lonxe que amosarán a beleza dos seus pastos e tamén canto vale en realidade un bo can pastor.

Fuente Crtvg.es