‘Cos pés na terra’ compartirá unha xornada de traballo cun criador de galiñas en liberdade e cun produtor de arandos

0
8

Ademais, recollerá diferentes tipos de follas para poñer en práctica unha técnica novidosa: o ‘ecoprint’ (22.30 h)

'Cos pés na terra' compartirá unha xornada de traballo cun criador de galiñas en liberdade e cun produtor de arandos

Santiago, 25.05.2020.-  Que foi antes: o ovo, a galiña ou a máquina clasificadora? Se alguén ten hoxe respostas no programa ‘Cos Pés Na Terra’, é Alberto, que coida a diario dunhas galiñas que viven en liberdade e que llo agradecen con resultados ben saborosos.

O programa desta semana tamén ten unha cita con Nuria, Uxía e Antía, coas que recollerá diferentes tipos de follas para poñer en práctica unha técnica novidosa: o ‘ecoprint’.

Ademais, os espectadores coñecerán a Marcos, un produtor de arandos en plena recolleita, que vai demostrar, nunha xornada de traballo, que non é necesario ser da aldea para ser de campo.

Fuente Crtvg.es