‘Cos Pés na Terra’ vai ir este luns sobre rodas, cunha visita a unha casa museo de tractores

0
20

Os espectadores tamén coñecerán un gandeiro novo e sobradamente preparado e un rapaz que cultiva terras baleiras (22.35 h)

'Cos Pés na Terra' vai ir este luns sobre rodas, cunha visita a unha casa museo de tractores

Santiago, 23.11.2020.-    O programa deste luns de ‘Cos Pés Na Terra’ vai ir sobre rodas, todas e cantas rodas teñen os tractores que Marcos conserva na súa casa museo, un lugar onde perderse entre xoias grandes e pequenas.

Sobre rodas coñecerá tamén o espazo da TVG a Andrés, un rapaz que tivo unha idea que está a triunfar: acordar con propietarios de terras baleiras poder usalas por aqueles que queiran cultivar os seus propios alimentos.

E, por último, ‘Cos Pés na Terra’ ten unha cita con Alejandro, un gandeiro novo e sobradamente preparado, acostumado a liderar toda unha manda de ovellas. Iso si, coa axuda do seu avó e a súa gran voz de mando.

Fuente Crtvg.es