‘Cousas da casa’ axuda esta semana unha familia numerosa da Coruña a poñer orde no seu rocho

0
6

Vanessa Travieso tamén visitará senllas parellas de Ribeira e Fene que queren organizar os cuartos da casa que empregan para meter de todo

'Cousas da casa' axuda esta semana unha familia numerosa da Coruña a poñer orde no seu rocho

Santiago, 22.06.2021.- O programa ‘Cousas da casa’ (22.30 h) ten esta semana tres grandes retos por diante. En primeiro lugar, viaxará ata o centro da Coruña para coñecer unha familia numerosa. Santiago e Sara teñen cinco fillos, de entre 2 e 5 anos. A súa casa está moi ben organizada e ordenada, pero necesitan axuda no rocho de 20 metros. Despois de mercar o piso onde viven e de reformalo, acumulan moitas cousas, desde o material de obra ata as bicicletas e roupa de toda a familia. Para poder realizar o traballo, Vanesa Travieso terá que desfacerse da metade do que teñen e enfrontarse a un gran reto de organización.

A segunda familia á que vai axudar a organizadora profesional vive en Ribeira. Jose quere darlle unha sorpresa á súa parella Mónica arranxándolle o cuarto do piso que empregan para meter de todo. Tras anos e anos acumulando cousas, agora non é funcional. Vanesa traballará duramente con Jose para deixar un cuarto espectacular, onde gardar o que necesitan e atopar o que teñen de xeito sinxelo.

Por último, o espazo da TVG viaxará a Fene para coñecer a Iria e Miguel, unha parella nova que acaba de mercar un piso e comezar o seu proxecto de vida en común. Ela é terapeuta ocupacional e el está preparando oposicións para profesor de bioloxía. Pediron axuda para converter o cuarto que empregan para todo no lugar onde el poida estudar.

Fuente Crtvg.es