‘Cousas da casa’ porá orde na despensa dunha muller de Viana do Bolo, no armario dun peiteador de Vigo e na oficina dun gandeiro de Cospeito

0
9

A coach Vanesa Travieso intentará convencer os protagonistas de que organizar é algo máis que poñer cada cousa no seu lugar

'Cousas da casa' porá orde na despensa dunha muller de Viana do Bolo, no armario dun peiteador de Vigo e na oficina dun gandeiro de Cospeito

Santiago, 04.05.2021.-  No programa de hoxe de ‘Cousas da Casa’ (22.40 h), Vanesa Travieso porá rumbo a Viana do Bolo para organizar unha despensa á que non lle falta nada. O almacén da cociña de Eliana Murias contén obxectos do máis inesperado que achegarán a Vanesa á realidade da Galicia rural.  

O segundo reto do programa levará a experta en orde ata Pontevedra para enfrontarse a un vestidor repleto ata os topes, o de David Cores, un peiteador cun estilo moi persoal e cun amor desmesurado polos zapatos e as camisetas negras. Vanesa terá que negociar duramente con David para convencelo de que precisa desprenderse da metade das súas pezas se quere sacarlle máis partido ao seu armario.

En Cospeito será onde Vanesa Travieso diversificará o seu traballo. A organizadora porá orde na oficina de Elio López, un gandeiro moderno, que emprega a tecnoloxía para o benestar das súas vacas e becerros. Elio intentará implicar a Vanesa no seu traballo facendo que esta interactúe moi de preto cos animais.

Como en cada capítulo, a organizadora profesional de ‘Cousas da Casa’ empregará as súas armas de coach para convencer os protagonistas de que organizar é algo máis que poñer cada cousa no seu lugar.

Fuente Crtvg.es