CRTVG convida as principais forzas políticas galegas a un debate electoral o luns 23 de marzo

0
4

Terá lugar na sede dos medios públicos en San Marcos, en horario de máxima audiencia

Retransmitirase pola TVG, a Radio Galega e en soportes dixitais, e será accesible en lingua de signos

CRTVG convida as principais forzas políticas galegas a un debate electoral o luns 23 de marzo

Santiago de Compostela, 20.02.2020.- A Corporación Radio e Televisión de Galicia convida as principais forzas políticas do país a participar nun debate electoral na sede dos medios públicos en San Marcos, o vindeiro luns 23 de marzo e en horario de máxima audiencia.

A Corporación, na súa función de servizo público, reafirma o seu labor de trasladar de forma clara e plural as iniciativas dos diferentes grupos a todos os galegos no arranque da campaña electoral.

Unha vez que se publiquen as candidaturas definitivas que optarán aos comicios, a CRTVG porase en contacto cos representantes dos grupos políticos para achegarlles o seu plan de cobertura completo e para ter un encontro de traballo.

A CRTVG emitirá este debate das eleccións autonómicas 2020 de forma simultánea na TVG, na Radio Galega e nos seus soportes dixitais.

O debate será accesible en lingua de signos. Ademais, facilitarase o sinal do evento a todos os medios interesados na súa difusión.

Fuente Crtvg.es