Damián e Sofía intentan recuperar o control do clan en ‘Método criminal’, mentres fan fronte a un novo imprevisto

0
7

Santiago, 11.04.2021.-  Despois de que Sofía expulsase a Alfredo e os seus homes da produtora a golpe de metralladora, o equipo de ‘Método Criminal’ (22.45 h) ten que facerlle fronte a un novo imprevisto. Os veciños da zona, alertados polos disparos que escoitaron, deron aviso á Garda Civil. Por este motivo, o sarxento Paulo Santiso comezou unha investigación para esclarecer o acontecido. Sen tempo que perder Sofía, Susana, Adrián, Cecilia e Luís preparan unha coartada para desviar a atención sobre eles.

Mentres tanto, Sofía e Damián intentan recuperar o control do clan, aínda que non teñen moito tempo para facelo. Alfredo, o líder da mafia colombiana, quedou abraiado coa forma en que Sofía lle fixo fronte e quere darlle ao clan dos Canosa unha nova oportunidade. Sofía e Damián non teñen máis remedio que acudir á reunión con Alfredo, aínda que as súas condicións non son doadas de cumprir.

Tras o secuestro de Tuco e de coñecer a verdade da relación entre Luís e Damián, Gaila está moi decepcionada co seu pai. Consciente de que pode perder a súa filla, Luís fará todo o posible por emendar o seu erro, aínda que o resultado non vai ser o que el agarda.

Fuente Crtvg.es