Damián xa non goza da confianza de Rosario en ‘Método Criminal’, polo que decide poñer a Sofía á fronte da produtora

0
93

Santiago, 21.03.2021.-    No capítulo desta semana de ‘Método Criminal’ (22.45 h), Rosario chega a Galicia disposta a acabar con Damián e o seu clan debido ao roubo do cargamento. Pero, despois da aparición por sorpresa da mercancía no tanatorio e da oferta de Damián para lavar cartos coa produtora do proxecto sobre os irmandiños, as augas volven ao río e non houbo que lamentar vítimas. De momento.

Damián xa non goza da confianza de Rosario, polo que a primeira medida que toma é a de poñer a Sofía á fronte do negocio da produtora, unha proba que deberá superar con boa nota.  

Mentres tanto, Susana, Adrián e Luís, alleos ás verdadeiras intencións de Rosario, fan todo o posible por agradar os colombianos. Con todo, a euforia de poder continuar co proxecto non tarda en converterse en dúbida polo xeito de proceder dos novos ‘investidores’. A todo isto súmase o regreso de Xavier que, despois da súa fuxida, recapacitou e quere volver a formar parte do proxecto.  

Ao mesmo tempo, Luís ten que lidar coa chantaxe de Ricardo. Agora o mozo de Gaila sobe a súa pretensión e quere que Luís lle entregue 10.000 € ou contaralle todo a Gaila.

Fuente Crtvg.es