David Demaría, que celebra os seus 25 anos no mundo da música, será esta noite o convidado estrela no ‘Bamboleo’

0
20

Santiago, 11.6.2022.-  Coma cada semana, ‘Bamboleo’ (22.40 h) trae este sábado pola noite á Televisión de Galicia un singular cóctel de música, diversión e entretemento. David DeMaría será o convidado estrela deste programa, en que tamén estarán a artista María Kilate con DJ Rokiño e a orquestra Finisterre.

David DeMaría estará celebrando en ‘Bamboleo’ os seus 25 anos no mundo da música, presentando o seu novo sinxelo, ‘No me toques el sombrero’, adianto do seu próximo disco, e participando na festa do ‘Bamboleo’.

Pola súa parte, o picadiscos vimiancés Rokiño presentará ‘Na llama’, un tema, en galego para o mundo, para dar conta de que é tempo de saír de bailar, de gozar da vida. Estará acompañado por María Kilate, madrileña residente en Galicia que pasou por diferentes orquestras e que tamén ten produción propia.

A orquestra Finisterre subirá a temperatura esta noite no ‘Bamboleo’ con novidades e un fantástico repertorio. Está convidada ademais unha gran parella de baile: Falco e Leti, que traerán fantásticas exhibicións de bachata e salsa, ritmos en que son especialistas e formadores en Madrid e Barcelona.
    
As historias máis divertidas chegarán da man de Isi, que cos seus contos conseguirá transportar os espectadores ao seu mundo para facelos escachar coa risa. No ‘Agora ou nunca’ estarán cantando José Ogando e Antonio Silva, que interpretarán, respectivamente, ‘Anduriña’, de Juan Pardo, e ‘Juan Charrasqueado’, de Antonio Aguilar.
    
Dúas entidades deportivas participarán en ‘A jrileira’: o Tenis Culleredo e a Sociedade Deportiva Ourol. Terán que cantar e adiviñar o maior número posible de intérpretes en minuto e medio.

Coa ‘ITV do amor’ chegará o picante do programa. Na sección máis atrevida competirán un concursante do público contra unha parella e dous amigos. Sempre atentos, para botar unhas risas, estarán os colaboradores do programa: Isi, Damián e Tamara.

Fuente Crtvg.es