‘Desmontando Galicia’ propón esta noite unha viaxe polos segredos e a historia da Mariña lucense

0
15

O programa visitará tamén Mondoñedo, Ribadeo, Burela e Foz para descubrir templos únicos, a pegada indiana e a importancia da pesca, entre outras curiosidades

'Desmontando Galicia' propón esta noite unha viaxe polos segredos e a historia da Mariña lucense

Santiago, 04.10.2021.-  Nesta nova entrega de ‘Desmontando Galicia’ (23.05 h) coñeceranse os cambios experimentados pola Mariña lucense nos últimos séculos e, para iso, hai que comezar polo principio. Así, no espazo deste luns descubrirase como se formou esta costa que agocha un dos espazos máis espectaculares do litoral galego.

Neste percorrido histórico, o programa visitará tamén Mondoñedo, Ribadeo, Burela e Foz para descubrir templos únicos, a pegada indiana, a importancia da pesca e os segredos dunha das industrias máis célebres de Galicia. Viaxa ao xeito de ‘Desmontando Galicia’ pola costa lucense na compaña de Isabel Blanco, Diana Nogueira e o noso sabichón Quique Morales.

Fuente Crtvg.es