Mentres Marta se molesta ao ver a Nuno xantando cunha muller, Caetano ve como se agranda a brecha con Lola debido á diferenza de idade
Santiago, 22.3.2022.- Esta noite, en ‘Chegar á casa. O infiel galego’ (23.05 h), é o Día dos Namorados e a felicidade do longo matrimonio de Eduardo e Rosa contrasta co mal humor e coa frustración de Marta.
Acaba saíndo comer fóra con Cátia e con Luís e sorpréndese ao ver a Nuno con PatrIcia, unha das hóspedes, xantando no mesmo restaurante, e, aínda que ten unha relación de amor-odio con el, moléstase.
Pola súa parte, Caetano esfórzase por agradar e seguir o ritmo de Lola e ata a leva a un concerto dun picadiscos por San Valentín, pero a brecha entre ambos os dous, debido á diferenza de idade, comeza a agrandarse.
Fuente Crtvg.es